O noso proxecto defende que a razón de ser do deporte formativo é a de aprender a xestionar as emocións, fomentar a responsabilidade e autonomía, o traballo en equipo, o compromiso e o esforzo. É aprender a socializar con novos compañeiros, a gañar e compartir triunfos, a perder e saber tolerar a frustración, controlar a impulsividade nuns casos e a vencer a timidez noutros. En definitiva, aprender a crecer sendo mellor persoa.
Por iso, cremos fundamental brindarlles unha base sólida de habilidades e experiencias positivas, así como fomentar o seu divertimento e motivación intrínseca. Ao facelo, sentan as bases para un desenvolvemento deportivo e persoal saudable e sostible a longo prazo.
A área de Hóckey Academy comprende as idades formativas desde os 3 ata os 11 anos. Nesta etapa percorremos un camiño moi importante na súa vida deportiva, que nun futuro determinará a súa adherencia ao deporte.
A razón de ser do deporte formativo é a de aprender a xestionar as emocións, fomentar a responsabilidade e autonomía, o traballo en equipo, o compromiso e o esforzo. É aprender a socializar con novos compañeiros, a gañar e compartir triunfos, a perder e saber tolerar a frustración, controlar a impulsividade nuns casos e a vencer a timidez noutros. En definitiva, aprender a crecer sendo mellor persoa.
Nacidos no 2020 e 2019
Iniciación a patinaxe e o hockey patíns a través de xogos e adestramentos lúdicos onde traballamos o desenvolvemento psicomotor dunha forma divertida.
Nacidos no 2018 e 2017
Iniciación ao hóckey patíns a través de xogos e adestramentos lúdicos onde promovemos a cooperación e o traballo en equipo.
Nacidos no 2016 e 2015
Apréndense e perfeccionan as habilidades técnicas específicas do Hóckey patíns, fomentando as habilidades e inquietudes de cada xogador@.
Nacidos no 2014 e 2013
Aprender a xogar en equipo, fomentando sempre o compañeirismo, a cooperación e o respecto mutuo, así como a constancia, o esforzo e o espírito de superación.
Prestamos os patíns durante o primeiro mes para que os nenos e nenas poidan probar.
¡Primer mes de proba sen compromiso para os nenos e nenas novos!
Informate e reserva a túa praza
Dirección: Rúa do Carmé 2, 36211, Vigo
Dirección: Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208, Vigo
Dirección: Camiño Galindra, s/n, 36213,Vigo