A psicomotricidade con patíns é unha actividade destinada a nenos e nenas de 2 a 5 anos, a cal combina o desenvolvemento psicomotor dos nen@s coa diversión de desprazarse sobre rodas. Esta práctica ofrece múltiples beneficios para o desenvolvemento físico, cognitivo e emocional dos nen@s, á vez que lles brinda a oportunidade de gozar dunha experiencia chea de diversión e aprendizaxe.
Por iso, cremos fundamental brindarlles unha base sólida de habilidades e experiencias positivas, así como fomentar o seu disfrute e motivación intrínseca. Ao facelo, sentan as bases para un desenvolvemento deportivo e persoal saudable e sostible a longo prazo.
Formación adaptada á súa idade, que se basea en que aprendan mediante xogos onde gocen facendo deporte.
Non só ten un compoñente lúdico e motivador para nenos e nenas, senón que, ademais, traballamos a conciencia para desenvolver aspectos básicos do proceso madurativo dos máis pequenos, atendendo especialmente ao correcto desenvolvemento motor, a psicomotricidade fina e grosa.
Iníciase aos nenos/as na patinaxe, fomentando o seu equilibrio sobre os patíns e a perda do medo. Todo a través de exercicios e xogos lúdicos cos que gocen á vez que aprenden a patinar, mentras fomentamos a cooperación mutua.
Unha vez os nenos/as obteñen un equilibrio e fluidez sobre os patíns, seguiremos progresando na súa formación, sempre dunha forma amena e divertida, perfeccionando a técnica de patinaxe.
En definitiva, supón experimentar unha serie de aprendizaxes básicas e elementais que nos van a permitir cimentar procesos e mecanismos moi relevantes para futuras aprendizaxes, dotándolles para iso das destrezas, habilidades e recursos necesarios.
A nosa actividade de psicomotricidade sobre rodas, se imparte nas seguintes ubicacións é horarios
Os martes e xoves no pavillón do Carmé (As Travesas) en horario de 17:00h a 18:00h
Os martes no pavillón de Bouzas en horario de 18:00h a 19:00h
Os luns e mercores no pavillón da Mina (Castrelos) en horario de 18:00h a 19:00h
HORARIOS PENDENTES DE CONFIRMACIÓN:
Os seguintes horarios, non son oficiais ata setembro (pendentes de confirmación)
Os martes e xoves no pavillón de Bouzas en horario de 17:00h a 18:00h
Os luns e mercores no pavillón da Mina (Castrelos) en horario de 17:00h a 18:00h
Prestamos os patíns durante o primeiro mes para que os nenos e nenas poidan probar.
¡Primer mes de proba GRATIS e sen compromiso para os nenos e nenas novos!
Informate e reserva a túa praza
Dirección: Rúa do Carmé 2, 36211, Vigo
Días: Martes e xoves
Horas: 17:00h a 18:00
Dirección: Camiño Galindra, s/n, 36213,Vigo
Días: Luns e mercores
Horas: 18:00h a 19:00
Dirección: Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208, Vigo
Días: Martes
Horas: 18:00h a 19:00