LEVAMOS MÁIS DE 50 ANOS NO MUNDO DO HOCKEY


Vimos centos dos nosos xogadores volverse amigos inseparables. Comprobamos como esa amizade segue viva moitos anos despois

E como antigos xogadores volven ao Club da man dos seus fillos para volver poñerse os patíns coa mesma ilusión coa que o fixeron eles á súa idade.


INICIO DO HOCKEY EN VIGO


As primeiras noticias do hóckey sobre patíns en Vigo datan dos anos 50. Clubs como o Vigo Sporting ou o Areosa foron os pioneiros deste deporte na cidade olívica.

Nesta época, o Vigo Sporting xa competía contra equipos como o Xuvenil de Ponteareas, ou o Santa Lucia da Coruña, onde xogaban os irmáns Iglesias, en especial Daniel Iglesias, quen desenvolverá posteriormente a súa actividade como adestrador e directivo vinculado ao Travesas.

Outra canteira de xogadores foi a pista do colexio dos Xesuítas, onde aprenderon a patinar moitos alumnos, chegando a participar o equipo colexial en múltiples campionatos escolares a nivel estatal.


NACEMENTO DO CLUB


O 3 de xuño de 1969 fundase o Travesas Hóckey Club, cuxo primeiro presidente foi Julio Barreira Catalá.

É a partir destes anos cando da man do Travesas e do seu presidente Julio Barreira comézase a fomentar este deporte na cidade e en localidades próximas como Ponteareas, ou Redondela co Sar ou Pontevedra co Cisne.

En Vigo, e da man do Irmán Raimundo créase un equipo no Colexio Hogar, de onde saen xogadores de calidade. Desgraciadamente, tanto esta pista como a do colexio dos Xesuítas desapareceron, co que isto significou de negativo para a canteira.

No ano 1975 o Travesas participou na liga nacional de primeira división por primeira vez, ao cabo de dúas tempadas produciuse a unión do Travesas co Ponteareas, chegando ha xogar durante seis tempadas en Primeira División.

En 1982 produciuse a separación dos dous clubs e a refundación do Travesas, e á fronte do mesmo Mario Cardama. Ao ano seguinte prodúcese o ascenso a primeira. Para celebrar este acontecemento, e coa colaboración de Ramón Gómez e Julio Sáenz e o patrocinio do Concello organizouse o primeiro Torneo Ciudad de Vigo, coa participación do Liceo da Coruña, o Cibeles de Oviedo, Dominicos da Coruña, e o Travesas. Desde aquela celebráronse 25 torneos, converténdose nun dos torneos máis prestixiosos do mundo, e facéndose cargo da súa organización desde a súa cuarta edición a Federación Galega de Patinaxe, pasando os mellores equipos mundiais en cada momento pola pista central do pavillón das Travesas.


¿ESTÁS INTERESADO EN PROBAR O HOCKEY PATINS?