Equipo

Esforzo

HOCKEY PATINES VIGO TRAVIESAS HOCKEY CLUB

O seu obxectivo principal é o de ofrecer a todos os nenos e nenas a posibilidade de practicar o hóckey patíns e de realizar actividade física, contribuíndo así á adquisición dun hábito deportivo e dun modo de vida saudable.
Nesta etapa centrámonos na iniciación ao hóckey patíns a través de xogos e adestramentos lúdicos onde traballamos o patín e os principios básicos deste deporte.


Participación deportiva como unha vía pola cal fomentar hábitos saudables, disciplina e perseveranza, o desenvolvemento de habilidades sociais,  así como a autoestima e o benestar emocional.

Igualdade real no deporte a través dun enfoque integral que abarque educación, conciencia social e cultural, para construír unha contorna deportiva máis equitativo e xusto para todos. Eliminando barreiras que poidan limitar a participación e o acceso equitativo ao deporte.

OPCIONS FORMATIVAS

hockey patines vigo traviesas hockey club

Opción de Iniciación
Enfocada a aprender a patinar e á iniciación nos conceptos básicos do hóckey patíns. Recomendada para nenos e nenas que aínda non saben patinar, ou que levan pouco tempo aprendendo.

Opción de Competición de promoción.
Enfocada maiormente aos nenos e nenas nacidos no ano 2017, que xa teñen control sobre os patíns e aos que lles apeteza empezar a xogar partidos, onde o único obxectivo é a cooperación mutua e pasarllo ben xogando.

GRUPOS E HORARIOS

As prazas son LIMITADAS por orden de inscripción. Os nenos e nenas que xa formaban parte do club o ano pasado, terán a praza gardada ata o 20 de agosto.

No caso de querer asistir a un dos grupos que non lle corresponde, é necesario que o solicite a nosa coordinadora deportiva, para que poida valorar a sua petición. Pode enviar un email coa súa petición ao correo coordinacion.traviesas@gmail.com






Descarga os grupos e horarios



INCRICPCIÓNS NOVOS ALUMNOS


INSCRIPCIÓNS ANTIGOS ALUMNOS