CURSO INICIACION HOCKEY PATINES VIGO

O noso proxecto defende que a razón de ser do deporte formativo é a de aprender a xestionar as emocións, fomentar a responsabilidade e autonomía, o traballo en equipo, o compromiso e o esforzo. É aprender a socializar con novos compañeiros, a gañar e compartir triunfos, a perder e saber tolerar a frustración, controlar a impulsividade nuns casos e a vencer a timidez noutros. En definitiva, aprender a crecer sendo mellor persoa.

Por iso, cremos fundamental brindarlles unha base sólida de habilidades e experiencias positivas, así como fomentar o seu divertimento e motivación intrínseca. Ao facelo, sentan as bases para un desenvolvemento deportivo e persoal saudable e sostible a longo prazo.




Non só ten un compoñente lúdico e motivador para nenos e nenas, senón que, ademais, traballamos a conciencia para desenvolver aspectos básicos do proceso madurativo dos máis pequenos, atendendo especialmente ao correcto desenvolvemento motor, a psicomotricidade fina e grosa.

filosofia formativa hockey patines vigo

O curso de Iniciación esta destinado a nenos e nenas nacidos do 2019 o 2012. Durante o curso nos esforzamos en que gocen aprendendo, xa que as suas primeiras experiencias deportivas, son as que nun futuro determinará a súa adherencia ao deporte.

A razón de ser do deporte formativo é a de aprender a xestionar as emocións, fomentar a responsabilidade e autonomía, o traballo en equipo, o compromiso e o esforzo. É aprender a socializar con novos compañeiros, a gañar e compartir triunfos, a perder e saber tolerar a frustración, controlar a impulsividade nuns casos e a vencer a timidez noutros. En definitiva, aprender a crecer sendo mellor persoa.


INSCRIPCIÓN CURSO INICIACIÓN

traviesas hockey club

INSCRIPCIÓN CURSO INICIACIÓN