Equipo

Esforzo


O seu obxectivo principal é o de ofrecer a todos os nenos e nenas a posibilidade de practicar o hóckey patíns e de realizar actividade física, contribuíndo así á adquisición dun hábito deportivo e dun modo de vida saudable.
A categoría benjamín é ultímaa etapa de #HockeyAcademy. Durante os dous anos que dura a formación de Benjamín, centrámonos en prender a competir e xogar en equipo, fomentando sempre o compañeirismo, a cooperación e o respecto mutuo, así como a constancia, o esforzo e o espírito de superación.

Non só queremos ensinarlles a é xogar ao hóckey patíns. Buscamos que aprendan a desenvolver a disciplina, a establecer metas, ser constantes, superar obstáculos e aprender a cooperar e traballar en equipo.


Participación deportiva e iniciación ao rendimento como unha vía pola cal fomentar hábitos saudables, disciplina e perseveranza, o desenvolvemento de habilidades sociais, a xestión do tempo e o equilibrio, así como a autoestima e o benestar emocional.

Igualdade real no deporte a través dun enfoque integral que abarque educación, conciencia social e cultural, para construír unha contorna deportiva máis equitativo e xusto para todos. Eliminando barreiras que poidan limitar a participación e o acceso equitativo ao deporte.

OPCIONS FORMATIVAS

Opción de Competición.
Competir e formar parte dun en equipo é a mellor maneira de crear lazos de amizade e adherencia a practícaa deportiva. Esforzo, constancia, superación, actitude son moitas das cousas que aprenderán.

Opción de Iniciación
Enfocada a aprender a patinar e á iniciación nos conceptos básicos do hóckey patíns. Recomendada para nenas e nenos que aínda non saben patinar, que levan pouco tempo aprendendo ou non están interesados en xogar partidos de liga.

 

GRUPOS E HORARIOS

As prazas son LIMITADAS por orden de inscripción. Os nenos e nenas que xa formaban parte do club o ano pasado, terán a praza gardada ata o 20 de agosto.

No caso de querer asistir a un dos grupos que non lle corresponde, é necesario que o solicite a nosa coordinadora deportiva, para que poida valorar a sua petición. Pode enviar un email coa súa petición ao correo coordinacion.traviesas@gmail.com






Descarga Grupos e horarios Benja



INCRICPCIÓNS NOVOS ALUMNOS


INSCRIPCIÓNS ANTIGOS ALUMNOS