O NOSO PROXECTO #FORMARPERSOAS

O noso proxecto defende que a razón de ser do deporte formativo é a de aprender a xestionar as emocións, fomentar a responsabilidade e autonomía, o traballo en equipo, o compromiso e o esforzo. É aprender a socializar con novos compañeiros, a gañar e compartir triunfos, a perder e saber tolerar a frustración, controlar a impulsividade nuns casos e a vencer a timidez noutros. En definitiva, aprender a crecer sendo mellor persoa.

Por iso, cremos fundamental brindarlles unha base sólida de habilidades e experiencias positivas, así como fomentar o seu divertimento e motivación intrínseca. Ao facelo, sentan as bases para un desenvolvemento deportivo e persoal saudable e sostible a longo prazo.

FILOSOFÍA FORMATIVA

filosofia formativa hockey patines vigo

A área de Hóckey Formación comprende as idades formativas desde os 12 ata os 19 anos, nela aprendemos a competir en equipo e a toma de decisións. A competir apréndese, competir non é gañar por encima de todo, é unha actitude, un comportamento, un compromiso contigo mesmo e co teu equipo.

O comezo da preadolescencia e adolescencia, son etapas difíciles a nivel emocional onde resulta imprescindible traballar o control das emocións e ofrecerlles un espazo onde sentan cómodos para poder expresarse e crecer dunha forma sa.


VER PROXECTO FORMATIVO

AS NOSAS CATEGORÍAS FORMATIVAS

ALEVIN

Nacidos no 2012 e 2011

O comezo dun camiño cuxo obxectivo principal é que desenvolvan o xogo en equipo e a toma de decisións a nivel de táctica individual e colectiva. Aprender a competir en equipo.


INSCRIPCIÓN

INFANTIL

Nacidos no 2010 e 2009

Competir xogando en equipo. Aprender os aspectos imprenscindibles da tactica colectiva e a toma de decisións. Aprender que xuntos chegaremos mais lonxe.


INSCRIPCIÓN

XUVENIL

Nacidos no 2008 e 2007

En esta etapa asentamos todos los conocimientos adquiridos anteriormente y nos centramos en perfeccionar tanto la tecnica como la tactica colectiva.


INSCRIPCIÓN

JUNIOR

Nacidos no 2006 e 2005


La antesala a las categorías senior femenina y masculina. El final de su etapa formativa en categorías base.


INSCRIPCIÓN

ONDE ESTAMOS

PAVILLÓN DO CARME

Dirección: Rúa do Carmé 2, 36211, Vigo


PAVILLÓN DE BOUZAS

Dirección: Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208, Vigo


PAVILLÓN DA MINA

Dirección: Camiño Galindra, s/n, 36213,Vigo