O NOSO PROXECTO
A psicomotricidade con patíns é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 5 anos, a cal combina o desenvolvemento psicomotor dos nen@s coa diversión de desprazarse sobre rodas. Esta práctica ofrece múltiples beneficios para o desenvolvemento físico, cognitivo e emocional dos nen@s, á vez que lles brinda a oportunidade de gozar dunha experiencia chea de diversión e aprendizaxe.
Por iso, cremos fundamental brindarlles unha base sólida de habilidades e experiencias positivas, así como fomentar o seu disfrute e motivación intrínseca. Ao facelo, sentan as bases para un desenvolvemento deportivo e persoal saudable e sostible a longo prazo.
Formación adaptada á súa idade, que se basea en que aprendan mediante xogos onde gocen facendo deporte.
Non só ten un compoñente lúdico e motivador para nenos e nenas, senón que, ademais, traballamos a conciencia para desenvolver aspectos básicos do proceso madurativo dos máis pequenos, atendendo especialmente ao correcto desenvolvemento motor, a psicomotricidade fina e grosa.
A ACTIVIDADE: APRENDER XOGANDO
Iníciase aos nenos/as na patinaxe, fomentando o seu equilibrio sobre os patíns e a perda do medo. Todo a través de exercicios e xogos lúdicos cos que gocen á vez que aprenden a patinar, mentras fomentamos a cooperación mutua.
Unha vez os nenos/as obteñen un equilibrio e fluidez sobre os patíns, seguiremos progresando na súa formación, sempre dunha forma amena e divertida, perfeccionando a técnica de patinaxe.
En definitiva, supón experimentar unha serie de aprendizaxes básicas e elementais que nos van a permitir cimentar procesos e mecanismos moi relevantes para futuras aprendizaxes, dotándolles para iso das destrezas, habilidades e recursos necesarios.
DÍAS E HORARIOS
A nosa actividade de psicomotricidade sobre rodas, se imparte nas seguintes ubicacións é horarios:
PAVILLON DO CARMEN (AS TRAVESAS)
NENOS E NENAS NACIDOS NO 2021, 2020, 2019
- Os martes de 17:00h a 18:00h
- Os xoves de 17:00h a 18:00h
PAVILLON DA MINA (CASTRELOS)
NENOS E NENAS NACIDOS NO 2019
- Os luns de 18:00h a 19:00h
- Os mercores de 18:00h a 19:00h
PAVILLON DE BOUZAS
PENDENTES DA FINALIZACIÓN DAS OBRAS DO PAVILLON
NENOS E NENAS NACIDOS NO 2021, 2020, 2019
- Os martes de 18:00 a 19:00h
PREGUNTAS FRECUENTES
CUOTAS DA ACTIVIDADE
EL CURSO TIENE UNA DURACIÓN DE 10 MESES (DE SEPTIEMBRE A JUNIO, AMBOS INCLUIDOS)
En Traviesas Hockey Club, ofrecemos varias opciones de cuotas para adaptarnos a tus necesidades y preferencias. Para tener toda la información detallada pulsa en el siguiente boton.