Queremos animarvos a entrar a formar parte do Club a tempada que vén!
Estamos a formar un equipo para que compita na categoría Benjamín. O noso obxectivo é poder formar un equipo amplo, con moitos xogadores e xogadoras, para non sobrecargar aos pais as fins de semana e que todos poidan rotar e descansar.



Por que formar parte do equipo?



En que consiste a competición?

A categoría Benjamín comeza en outubro e termina a principios de Xuño.

É unha liga que conta cun total de 13 equipos, 6 equipos de Coruña, 4 de Santiago e 2 de Vigo.
Normalmente se xogan 2 ou 3 partidos ao mes, xa sexa en Vigo, Coruña ou Santiago.

A nosa intención é que o equipo conte con moitos nenos e nenas, cada xogador/a só terá que viaxar a 2 veces a Coruña e 1 vez a Santiago, durante os 8 meses que dura a liga.


Onde se adestra?

Os adestramentos para a tempada que vén comezan en setembro e serán os martes e xoves no Pavillón do Carmen de 18:00 a 19:30.


Canto hai que pagar?

A cota da categoría Benjamín por competir é de 25€/mes

No caso de ter a un irmán/a en o Club pagarase por cada irmán 10€ máis sobre a cota principal

A cota inclúe: 2 equipaxes, aluguer de pistas, adestradores, árbitro, material necesario do que non dispoñan ( sticks, xeonlleiras…)


A maiores hai que facer un seguro deportivo da Federación Galega de Patinaxe, que ten un custo de 40€ (pago único)


Cremos que é unha oportunidade estupenda para os nenos e nenas que lles guste o Hóckey patíns poidan gozar ao máximo.
Animarvos a unirvos á nosa pequena familia!

QUERES UNIRTE AO EQUIPO?


Se tes alguna dubida, contacta connosco!