TEMPADA 2020/2021 INSCRICIÓN


Abrimos o prazo de inscrición para esta tempada co fin de poder organizar os grupos de adestramento da mellor maneira posible.

Ante a incerteza que estamos a vivir debido á situación sanitaria actual, queremos remarcar que non depende exclusivamente de nós o futuro desta tempada e que por agora só podemos darvos por certo as ganas que temos de poder volver e de que a tempada se poida desenvolver da forma máis normal posible.

Os adestramentos serán os martes e xoves no Pavillón do Carmen e desenvolveranse sempre atendendo ás recomendacións e protocolos que a autoridades competentes vaian marcando.


Se queren ter a posibilidade de xogar partidos, terán que inscribirse a través do Club. Este ano non se poderán realizar competicións nin partidos extraoficiais. Debido aos protocolos existentes, só poderán xogar se están federados e en partidos regulados pola Federación Galega de Patinaxe.

Aínda non sabemos cando empezarán as ligas, só podémosvos dicir o que nos transmitiu a Federación Española e Galega de patinaxe, e é que haberá ligas esta tempada, en formatos máis reducidos e sempre cando a situación en Galicia estea controlada.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable TRAVIESAS HOCKEY CLUB.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  WordPress.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.