Comeza unha nova tempada e non podemos estar máis felices. Hai un ano eramos 62 os que formabamos parte do Club, e agora podemos dicir que a día de hoxe somos 120 e crecendo.
Grazas a todos, a eses 62 que xa estaban connosco, fostes fundamentais para que isto sexa posible.
E aos que chegan novos, grazas por animarvos a coñecer o Hóckey patíns e quedarvos ao noso lado.
Tampouco nos queremos esquecer dos nosos patrocinadores, a Zorka,Ecoforest,Hacce, LedVigo e auQas, que nos apoiaron cando o proxecto non era tan grande, e seguen facéndoo esta tempada.
Grazas!
Temos moitísimas ganas de empezar!
Vemonos o martes!
