ELAS TAMÉN XOGAN- PROMOCION DO HOCKEY FEMININO

Elas tamén xogan, pretende ser un proxecto onde se impulse e promocione o Hóckey sobre patíns Feminino.

O PROXECTO: #ELASTAMENXOGAN

Este proxecto nace para cumprir 8 obxectivos basicos:

1.Promover, visibilizar e impulsar a práctica do Hockey patíns nas nenas.

2. Facilitar e promover o cambio de modelos de referencia existentes no deporte, eliminando as barreiras que catalogan a determinados deportes como deportes masculinos ou femininos.

3. Favorecer a integración da muller no deporte  deconstruyendo a  estigmatización e o prexuízo sexista sobre competición deportiva das mulleres.

4. Deseñar e promover iniciativas deportivas con perspectiva de xénero.

5. Velar porque nos nosos equipos, así como os nosos adestradores e directiva, teñan sempre presente o principio de igualdade, reivindicando contidos e linguaxes sexistas.

6. Sensibilizar á cidadanía da necesidade dunha maior atención ao deporte feminino como valor fundamental na sociedade e na cultura.

7. Visibilizar o deporte feminino nas redes sociais do Club, con contidos e linguaxe non sexista.

8. Loitar por erradicar condutas machistas no Hockey Galego en xeral e no no noso Club, en particular. Non só no ámbito interno (xuntas directivas, adestradores e adestradoras e colectivo arbitral), senón tamén entre os pais e nais e público en xeral.

O HOCKEY PATÍNS FEMININO

Aínda que a nosa modalidade deportiva é mixta, ata que alcanzan a categoría absoluta con 20 anos, atopámonos con que a porcentaxe de nenas que practican este deporte é moi baixo e que quedamos moi lonxe da paridade que nos gustaría ter. No noso caso, a porcentaxe de nenas que practican Hóckey no noso club supón só o 25%.

O noso Club, sempre a estado implicado na loita pola igualdade real no deporte e na vida; e isto pode verse reflexado na súa estrutura organizativa, onde  tanto a presidenta como a coordinadora deportiva do noso Club son mulleres, e tamén podemos dicir que, ostentamos a dubidosa honra de ser case o único Club que ten a unha muller ao cargo de equipos masculinos de categorías basee superiores (xuvenil e  junior) na Liga Galega. Por todo isto, queremos unir forzas e impulsar este proxecto, para fomentar e alentar ás nenas para practicar Hóckey sobre patíns e para loitar para que as mulleres, teñan unha representación real no noso deporte


Por todo isto, queremos unir forzas e impulsar este proxecto, para fomentar e alentar ás nenas para practicar Hóckey sobre patíns.
A filosofía do noso Club sempre a defendido que a mellor maneira de alcanzar a igualdade real no deporte é que os equipos sexan mixtos, e nenos e nenas xoguen en igualdade, convivan e formen un equipo unido e sen fisuras sen que o xénero importe.

XORNADAS DE HOCKEY FEMININO

Dende a nosa entidade cremos que a mellor maneira de alcanzar a igualdade real no deporte é que os equipos sexan mixtos, e nenos e nenas xoguen en igualdade, convivan e formen un equipo unido e sen fisuras sen que o xénero importe.

Aínda así, dentro do proxecto «Elas Tamén Xogan» queremos organizar unhas xornadas de Hóckey feminino cada dous meses, exclusivo para nenas, onde faremos adestramentos de tecnificación deportiva, que serán dirixidos por as nosas antigas xogadoras do  Senior feminino. Todas elas, comezaron xogando en equipos mixtos nas categorías base, e todas elas chegaron á categoría absoluta feminina converténdose nun  dos equipos máis competitivos de Galicia, sendo campioas galegas máis de 6 veces, participando en varios campionatos de España e conseguindo ascender ao equipo á  OkLiga, a máxima categoría feminina a nivel nacional.

Cremos que será un estímulo positivo para as nenas do noso Club e os dos que queran participar, que teñan referentes que as animen a crer nelas mesmas e en todo o que poden conseguir.

PRIMEIRA XORNADA DE PROMOCIÓN DO HOCKEY FEMININO

Para dar comezo a este proxecto, queremos comezar organizando este mes a primeira Xornada de Hóckey Feminino. (Próximamente diremos unha data)

Nesta xornada de promoción do Hóckey patíns feminino, asistirán todas as nenas pertencentes ao noso Club, e a maiores tamén poderán asistir xogadoras doutros Clubs que estean interesadas neste proxecto.

Esta xornada, tendrá unha duración de ao redor de dúas horas e, estruturarase en 2 partes:

1. Adestramento de tecnificación deportiva dirixido por antigas xogadoras do noso Club

2. Xogos colaborativos e partidos nos que poderán compartir equipo coas ex xogadoras do  Senior feminino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable TRAVIESAS HOCKEY CLUB.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  WordPress.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.