
ELAS TAMEN XOGAN, quere achegar o hóckey patíns a todas as nenas desde os 3 aos 11 anos.
Aprender a patinar e coñecer o Hockey sobre patíns, mediante xogos cooperativos que favorecen o traballo en equipo, así como a psicomotricidade e o equilibrio.
O Hockey Patíns tamén é un dos poucos deportes que non fan segregación por sexos, nenos e nenas adestran, xogan e compiten xuntos ata que chegan á idade adulta. Cremos firmemente que promover e impulsar a igualdade desde a base, axudaranos a ter un futuro mellor para todos.

Todos os martes e xoves de 17 h a 18 h no Pavillón do Carmen.
Anímache e proba sen compromiso!
E se non tes patíns, prestámoschos!

